Conmemoración 150 aniversario “Cantares Gallegos” de Rosalia de Castro

150 aniversario Cantares GallegosNeste ano 2013 conmemórase o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro. Este poemario constitúe a primeira obra literaria contemporánea escrita integramente en lingua galega. Esta circunstancia, unida ao seu innegábel valor estético e á repercusión que chegou a alcanzar entre o público lector, converteu a Cantares Gallegos nunha referencia inescusábel para os autores e autoras que, en pleno século XIX, levaron a cabo o movemento de revitalización literaria, cultural e nacional de Galiza (Rexurdimento). Ademais, Cantares Gallegos garda unha especial conexión co País Vasco, pois unha das principais fontes de inspiración de Rosalía de Castro á hora de compor esta obra foi o Libro de los Cantares, do poeta biscaíño Antonio Trueba (Galdames, 1819-Bilbao, 1889).

Para celebrarmos este fito tan relevante, o Centro de Estudos Galegos da Universidad del País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea, en colaboración coa Xunta de Galicia, organiza para o día 17 de abril as seguintes actividades:

16.30 h.  Conferencia “As Rosalías de Vidal Bolaño”, a cargo do dramaturgo, músico e poeta Roi Vidal. Na súa intervención, Roi Vidal achegarase ao tratamento da figura humana e literaria de Rosalía de Castro na obra teatral de Roberto Vidal Bolaño, autor a quen se lle dedicará o Día das Letras Galegas neste ano 2013.

17:30 h. Recital poético-musical coa participación de Arsenio Iglesias, Roi Vidal, Isaac Xubín e Leire Bilbao. No recital leranse poemas de Rosalía de Castro (en galego e éuscaro), así como textos dos propios poetas convidados.

Ambas as dúas actividades terán lugar na Aula Magna da Facultade de Letras (Campus de Vitoria-Gasteiz). Desde o Centro de Estudos Galegos agradeceremos a súa asistencia a estes actos, así como a súa difusión entre todas aquelas persoas que puideren estar interesadas en participar.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Literatura y etiquetada , , , , , , , , . Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s